Intentamos axudar a inmigrantes, para que se familiaricen e integren nun novo país. Para iso contamos con:
-Programas de alfabetización: para que poidan comuncicarse neste novo idioma, entendelo e falalo.
-Banco de alimentos: estes alimentos chengan a través da UE e son distribuídos entre Noia e Boiro. O banco de alimentos abre unha vez ao mes.
-Asistencia sociosanitaria.
-Inmersión sociocultural: intentamos achegalos á cultura deste país, poñendoos ao día co que sucede aquí na actualidade.
-En ocasións danse charlas.
-Proporcionamos axuda á hora de buscar traballo.
-Contamos con dous ordenadores, para que os inmigrantes poidan comunicarse cos familiares.
-Tamén dispomos dun roupeiro social, o cal abre os mércores, xoves e venres pola mañá, de 11:00 a 14:00h.
-Asesoramento xudídico, 11:00h-14:00h.
Precisamos 15.000Kg de roupa para que a ONGD Contacto poida enviar medicamentos e alimentos ós rapaces do Sahara, que nestos mesmos momentos, estano a pasar moi mal. A roupa podedela deixar nos Xulgados Vellos de Boiro antes do 14 de xuño, que estan abertos todas as mañans de luns a venres de 11:00h a 14:00h.
Aquí presetámonos o programa: "Que rule!". No que todos podemos aproveitar o de todos. Se necesitas xoguetes, berces... pois neste programa pódelos encontrar. Pero só os podes usar, sempre é cando che fagan falta, cando non os uses, terás que devolvelo para que outro rapaz que o necesite o poida empregar para o seu desenvolvemento.
Asique xa sabes, se necesitas algo contacta ca ONGD CONTACTO. E se queres donar calquer artículo, tamén.
Grazas pola vósa colaboración.